Primeira xuntanza da CCCG (Comunidade de creadores de contido en galego)

A Comunidade de Creadores de Contido en Galego (CCCG) celebra a súa primeira xuntanza, á que convidan a todas as persoas con interese na creación na nosa lingua, tanto no ámbito dixital como analóxico.

Este encontro está aberto a todas as persoas con independencia da súa idade, profesión ou nivel de coñecemento. O obxectivo é xerar un espazo libre no que compartir experiencias e no que as persoas poidan aprender as unhas das outras. Coruña Dixital apoia a organización desta reunión, que terá lugar no centro Ágora.

Se queres participar, só tes que inscribirte neste formulario.

Detalles

Data

O día 14/12/2019 17:00

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar