Presentación do novo videoclip en 360º de Silvia Penide

Pulpiño Viascón, responsable de Ideas Octopus FILMS  que nos ten acompañado en actividades do #LAIC, convídanos á estrea oficial do novo videoclip da tamén coruñesa Silvia Penide. O videoclip ten a particularidade de estar realizado integramente en formato 360º e VR, amosando imaxes impresionantes e sorprendentes de lugares moi representativos da cidade.

O emprego destas técnicas converten a este traballo, realizado e producido por Pulpiño Viascón e Ideas Octopus, no primeiro feito en Galicia con estas características.

O evento inclúe un showcase de Silvia Penide, xunto co guitarrista Paul Álvarez, e Pulpiño Viascón. A entrada é libre.

Detalles

Data

O día 02/03/2019 13h-15h

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Monty Ambigú

Rúa do Papagaio
15002 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar