Presentación da axenda de economía social no sector TIC na Eurorrexión

A Unión de Cooperativas Galegas (Espazo Coop) organiza este seminario de presentación da Axenda para o Fomento e a Creación de Empresas de Economía Social no sector das TIC .

O documento, elaborado por Espazo Coop no marco do proxecto europeo LACES, recolle un plan estratéxico para a creación e o fortalecemento de empresas do sector TIC na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, así como unha axenda con ferramentas para detectar oportunidades de negocio neste ámbito e afondar na competitividade das empresas galegas e portuguesas do sector.

Podedes ver o programa do seminario na web de Espazo Coop, á que podedes acceder desde aquí.

Trátase dunha iniciativa gratuíta que precisa inscrición previa. Formalízase mediante un formulario ao que podedes acceder desde aquí.

Detalles

Data

O día 07/11/2019 11:00

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Mercado de San Agustín

Praza San Agustín, 1
15001 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar