Ok Google!, que opinas de pagar para que unha multinacional te espíe?

O colectivo GPUL celebra unha nova sesión dentro da súa GPUL School, nesta ocasión adicada á espionaxe dixital ou a como máis empresas das que podemos imaxinar coñecen os nosos gustos a través da Rede e dos datos que xeramos con determinados hábitos cotiáns. Esa recompilación de información convírtenos en predecibles, pero tamén en manipulables.

Nesta sesión coñeceremos que fan as grandes empresas para saber de nós e como podemos nós protexer a nosa privacidade fronte ás súas prácticas. Tedes máis información no Meetup da actividade, no que tamén vos podedes inscribir. Podedes acceder desde aquí.

Detalles

Data

O día 17/12/2019 18:30

Contacto

https://school.gpul.org/

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Facultade de Informática

Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar