Obradoiro “Mete ficha con xeito! O ligoteo en Instagram”

A área de Igualdade do Concello da Coruña organiza un obradoiro gratuíto en dúas quendas (o 2 e o 9 de febreiro) para mozos e mozas de entre 14 e 17 anos que leva por título Mete ficha con xeito! O ligoteo en Instagram.

No taller abordaranse os usos desta rede social e a súa vinculación ás relacións persoais, xerando un espazo de confianza no que as persoas participantes poidan formular as súas reflexións e inquedanzas sobre esta cuestión.

Cada un dos obradoiros contará con 25 prazas. Para poder participar, as persoas interesadas debedes contactar co Centro de Información ás Mulleres a través do correo electrónico cim@coruna.es antes das 14.00 horas do 25 de xaneiro. As prazas outorgaranse segundo a data de recepción das solicitude.

Toda a información sobre esta iniciativa, así como outros programas, está na web municipal www.coruna.gal/igualdade

Detalles

Data

O día 02/02/2019 10h-13:30

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Centro cívico de Monte Alto

Calle Vereda del Polvorín (entrada por la plaza) s/n.
15002 A Coruña A Coruña

981 184 372 https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/centros-y-entidades/centros-civicos

Empece a escribir e pulse Enter para buscar