Obradoiro de creación de apps con AppInventor

Se tes entre 15 e 25 anos, aprende a deseñar e programar apps para os teus dispositivos con AppInventor!

A Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (Durán Loriga) organiza este taller, onde poderemos responder aos novos desafíos tecnolóxicos como verdadeiros/as makers. Inventar e adquirir os coñecementos necesarios para empezar a traballar coa tecnoloxía de código aberto (open source), o software libre e comprender a importancia da internet das cousas (Internet of Things) e os seus diferentes usos na vida diaria.

Non é necesario traer móbil nin tablet, o material achégao a biblioteca. Só se precisan ideas e ganas de crear!

Detalles

Data

Dende o 02/02/2019 ata o 23/02/2019 Todos os sábados de febreiro de 11:30 ás 13:30

Contacto

981 18 43 88 http://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/actividades/persoais/actividades-nas-bibliotecas/detalle-evento/talleres-creacion-de-apps-con-appinventor/suceso/1453681948043?argIdioma=gl binfantil@coruna.es

Información adicional

INSCRICIÓNS: Dende o 26/01/2019 ata o 02/02/2019. Require una única inscrición para todos os días.

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (Durán Loriga)

Rúa Durán Loriga, 10
15003 A Coruña

981 18 43 88 http://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/detalle/biblioteca-municipal-infantil-e-xuvenil-duran-loriga/entidad/1099934337674 binfantil@coruna.es

Empece a escribir e pulse Enter para buscar