Obradoiro de creación de apps con APPInventor

A biblioteca municipal infantil e xuvenil Durán Loriga organiza este obradoiro de creación de apps que se desenvolverá nas súas instalacións, todos os sábados desde o 4 ao 25 de maio.

O taller está destinado a persoas de entre 10 e 15 anos que non precisan para participar de ningún dispositivo electrónico, xa que o material o aporta a biblioteca. No obradoiro,  adquirirán os coñecementos necesarios para empezar a traballar coa tecnoloxía de código aberto, o software libre e comprender a importancia da Internet das cousas e os seus diferentes usos na vida diaria. E con AppInventor desenvolverán as súas propias aplicacións.

Trátase dunha actividade gratuíta para a que é preciso inscrición previa. Podédela formalizar desde aquí.

Lugar

Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (Durán Loriga)

Rúa Durán Loriga, 10
15003 A Coruña

981 18 43 88 http://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/detalle/biblioteca-municipal-infantil-e-xuvenil-duran-loriga/entidad/1099934337674 binfantil@coruna.es

Empece a escribir e pulse Enter para buscar