Non todo é Blockchain (outras arquitecturas e casos de uso)

Este evento divídese en dúas partes. Na primeira, Antonino Comesaña falará doutras tecnoloxías para a descentralización de datos que non empregan arquitectura Blockchain, como gráfico acíclico dirixido (DAG)-IOTA, Hashgraph ou Tempo-Radix.

A segunda parte estará impartida por Pablo López, que explicará a utilidade que se lle está dando a Blockchain nas maiores empresas do mundo e que tecnoloxía empregan nos seus proxectos.

As prazas son limitadas. Tedes máis información e a inscrición no evento no seu meetup, ao que podedes acceder desde aquí.

Detalles

Data

O día 04/04/2019 19:30-21:00

Contacto

http://corunadixital.gal/iniciativa/agalbit/

Lugar

Hub-Escuela de negocios digitales

Rúa Sinfónica de Galicia, 2
15004 A Coruña A Coruña