Mundos Dixitais: sesión especial “El parque mágico”

Mundos Digitales, U-tad Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital e Afundación organizan esta charla sobre a produción de El parque mágico, unha comedia de aventuras para toda a familia que chegará aos cines do país o vindeiro 12 de abril, con animación en 3D dos españois Ilion Animation Studios.

As persoas que asistan á conferencia poderán coñecer, en primicia para Mundos Digitales, aspectos técnicos como o desenvolvemento visual dos escenarios e persoaxes do filme, dende o seu deseño até a súa iluminación final, da man dalgunhas das persoas involucradas nestes procesos.

Trátase dunha actividade gratuíta na que é preciso anotarse ata o mércores 3 de abril, ou ata completar aforo neste enlacehttps://bit.ly/2CHmksl

Se queredes máis información, tedes ao voso dispor aquí unha reportaxe de Código Cero.

Detalles

Data

O día 05/04/2019 18:00

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Sede de Afundación

Rúa Cantón Grande, 8
15003 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar