Mundos digitales: sesión especial gratuíta Xogo de Tronos. Efectos visuais máis alá do muro

Como ben saben as persoas que seguiron Xogo de Tronos, un dos aspectos máis impactantes da serie son os seus efectos visuais. Unha das empresas encargadas do seu desenvolvemento foi a española El Ranchito, que asumiu o reto de darlle vida a algúns personaxes, así como a ambientación e creación dixital dalgunhas localizacións.

Nesta sesión especial os responsables da produción dos efectos visuais da serie mostrarán como foi a transición e adaptación da empresa, explicando os procesos que se levaron a cabo desde o inicio ao final da produción. Tamén como axustan as ferramentas e os recursos en función das necesidades da produción.

A actividade é gratuíta, pero é necesario inscribirse previamente. Podédelo facer  desde aquí.

Detalles

Data

O día 13/07/2019 18:30-20:30

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Palexco

c/ Muelle de transatlánticos s/n
15003 A Coruña A Coruña

http://www.palexco.com/