Iniciación a Internet (II)

Nesta curso de iniciación a Internet da Aula CeMIT farase unha introdución ao funcionamento dos buscadores e se aprenderán trucos e recursos, así como automatización de buscas.

Para facer este curso, que terá lugar os martes e xoves do 28 ao 30 de xaneiro, hai que saber utilizar con axilidade un ordenador. O prazo de inscrición ábrese o 20 de xaneiro e péchase o 24.

Podes realizar a inscrición clicando neste enlace. Ademais, tes a posibilidade de participar noutra convocatoria deste mesmo curso, os luns e mércores en horario de tarde.

  Aquí tes a programación completa e os criterios de participación.

Detalles

Data

Dende o 28/01/2020 ata o 30/01/2020 11:30-13:00h

Contacto

https://cemit.xunta.gal/es

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Aula CeMIT de Eirís

Rúa Terranova de Eirís, 7
15009 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar