GPUL Labs: Control de Versión con Git. Curso de introdución a Git e GitLab

No desenvolvemento dun proxecto, tanto a nivel de código como de documentación, é crucial manter un control sobre os cambios realizados. Na actualidade, Git é a ferramenta de control de versións máis empregada.

Nesta charla,  farase fincapé nos aspectos teóricos e prácticos máis básicos desta  ferramenta, empregando a plataforma máis grande de Git en código aberto, que é GitLab.

Para asistir, debedes inscribirvos no seu Meetup, ao que podedes acceder desde aquí. Nel atoparedes tamén máis información.

Detalles

Data

O día 30/05/2019 18:30-20:00

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Facultade de Informática

Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar