Estratexias de datos nun mundo conectado

A empresa Improving Metrics organiza unha nova edición do evento Improving Minds . Trátase dunha xuntanza participativa, da que tedes a información completa en Código Cero, centrada en CRO (polas súas siglas en inglés, Conversion Rate Optimization), que consiste en optimizar a ratio de conversión dun sitio web, o que repercute directamente nunha mellora do negocio responsable dese sitio.

A nova cita de Improving Metrics contará coa participación de expertos en CRO ao tempo que colaboradores da propia empresa. Diego Semprún, director xeral de Webtrekk España, Jesús Moreno, country manager de A/B Tasty, Antonio Gutiérrez Hinojosa e Txema Sotuela, fundador e responsable de desenvolvemento de negocio de Redbility, respectivamente, mostrarán casos prácticos de análises, usabilidade e testeado A/B.

Trátase dunha sesión aberta ao público ata completar aforo.

Detalles

Data

O día 14/02/2019 19:30

Contacto

https://www.improvingmetrics.com/es/improving-minds

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Accede Papagaio

Rúa do Hospital, 19, baixo.
15001 A Coruña A Coruña

http://www.coruna.gal/papagaio