Distopías Cotiás: Quen matou a nosa privacidade?

O espazo de encontro Distopías Cotiás organiza unha segunda sesión na que poderemos reflexionar e debater sobre os impactos das tecnoloxías nas nosas vidas.

Nesta ocasión María Cerviño, avogada en NoLegalTech, axudaranos a aclarar o mar de dúbidas que hai entorno á cuestión da privacidade. Poderemos coñecer os nosos dereitos, detectar casos de abusos  e veremos novos proxectos que poderían cambiar o paradigma actual, sempre no marco do debate e da conversa aberta entre as persoas asistentes.

En colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña, dende Coruña Dixital apoiamos a posta en marcha desta nova iniciativa, co obxectivo de favorecer a conexión de persoas de calquera ámbito, non só tecnolóxico, interesadas en compartir coñecemento, reflexións e propostas sobre esta temática. Se queres atopar máis información ou inscribirte nesta nova cita, podes facelo a través do seu evento de Meetup.

 

Detalles

Data

O día 17/02/2020 19:00-20:30

Contacto

www.distopiascotias.gal

Información adicional

Terá lugar no espazo de conversa da biblioteca do Centro Ágora.

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar