Developer Vago: mastering git

O colectivo Coruña JUG convoca o primeiro Developer Vago na Coruña, consistente nunha charla-formación sobre un tema xenérico, pero importante, neste caso, o control de versións con git.

Será unha sesión onde se explicarán os conceptos claves dende o principio, para ir avanzando a temas máis complexos e boas prácticas.
Haberá slides e tamén programación en vivo.

Este é parte do programa da xornada, que durará en torno a 90 minutos:

  • Traballar con varios repositorios remotes
  • Resolver conflitos
  • Facer unha pull request
  • Rebase interactivo
  • Stash

Haberá a posibilidade de facer pequenas intervencións (5 min.) para postas en común e un Kahoot no que se xogará unha licencia de JetBrains. Trala sesión, como é habitual nas convocatorias deste colectivo, todas as personas que participen poderán coñecerse e poñer en común opinións e experiencias nun ambiente moito máis distendido.

Podes inscribirte no Meetup de CoruñaJUG, ao que podes acceder desde aquí.

Detalles

Data

O día 24/01/2019 19:00

Contacto

https://www.meetup.com/es-ES/CorunaJUG/

Etiquetas

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora