Coruña MiniHacks (3ª sesión)

A novidade de Coruña Hacks para a súa nova edición é Coruña MiniHacks: unha proposta para a rapazada de entre 8 e 16 anos que poderá, en tres sesións, programar historias, aplicacións ou videoxogos.

Nesta terceira xornada as participantes terán que finalizar os seus proxectos antes da gala final, na que as propostas terán premio. Nestas tres sesións o traballo d*s rapac*s centrouse en desenvolver un proxecto que contribuíse a mellorar a súa cidade ou a súa contorna.

Para máis información e realizar a inscrición, podedes entrar aquí.

Detalles

Data

O día 11/05/2019 16h-19h

Contacto

corunahacks@gpul.org http://corunadixital.gal/iniciativa/coruna-hacks/

Etiquetas

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora