Congreso TADEGA 2019

A cidade acolle a sexta edición do congreso que organiza a asociación TADEGA: un foro de profesionais maioritariamente galeg*s de distintos campos vinculados á educación e, dun xeito especial, á atención á diversidade, en aspectos como a diversidade funcional (discapacidade), a multiculturalidade, o mundo do maior, o do rural, o ámbito das altas capacidades ou a marxinalidade social.

O congreso articúlase en torno a dezaseis obradoiros que se desenvolven de maneira simultánea e nos que as persoas participantes traballarán en función dos seus intereses, que serán comunicados á organización uns días antes do evento.

Tedes máis información ao respecto na web de TADEGA, á que podedes acceder xa desde aquí. Nela atoparedes tamén o formulario de inscrición (tédelo tamén neste enlace).

Detalles

Data

Dende o 22/11/2019 ata o 23/11/2019

Contacto

https://tadega.net/congreso19

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Facultade de Educación-UDC

Campus de Elviña
15071 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar