Congreso de cibercrime e seguridade informática

O Colexio de Avogados da Coruña e o Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia organizan, xunto con outras entidades, o Congreso de Cibercrime e Seguridade Informática. Nel, estudaranse ferramentas para protexernos dos delitos informáticos a nivel individual e empresarial, entre outras cuestións.

Ademais, no congreso falarase de problemáticas concretas e como previlas e atallalas, como por exemplo a suplantación de identidade ou os delitos contra a propiedade intelectual ou industrial, como explica nesta reportaxe o medio especializado Código Cero.

Nas xornadas participan avogad*s especializ*s, Guardia Civil e o fiscal delegado de cibercriminalidade na Fiscalía Provincial da Coruña. O programa completo está aquí ao voso dispor.

Detalles

Data

Dende o 22/05/2019 ata o 23/05/2019 17:00-20:00

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Colexio de Avogados

Rúa Federico Tapia, 11
15005 A Coruña A Coruña