Como profesionalizar a túa canle de Youtube

Un seminario de catro horas impartido por un youtuber e dous profesionais de 2btube, no que adultos/as e mozas/os da Coruña cun proxecto de canle de YouTube aprenderán a xestionalo e a quitarlle o máximo partido. Unha formación xeral para coñecer YouTube como plataforma e as oportunidades que ofrece segundo os teus obxectivos. Aprenderás sobre estratexia, posicionamento, boas prácticas...e moito máis da man de recoñecidos expertos no sector:

2btube é unha axencia de representación de talentos dixitais. Como productora de contido dixital e axencia de medios para a next generation, 2btube conecta a organizacións e empresas coas novas xeracións, difíciles de alcanzar a través de medios tradicionais. É a primeira rede de talentos hispanofalantes, segundo o ranking da industria socialblade.com.

Sebas G. Mouret, El Coleccionista de Mundos, é de Meira (Lugo), estuda Xornalismo en Madrid e ten paixón pola literatura. Sebas devora unha morea de libros para dicirche  cada mes cales foron os seus favoritos no seu canal de YouTube. Unha paixón da que fixo a súa profesión como o booktuber máis exitoso de España. Se che gusta a literatura, este é, sen dúbida, o teu canal.

  1. Que é YouTube como plataforma. Como che pode axudar unha canle de YouTube a nivel profesional. Impartido por Patricia González, Directora de Marketing de 2btube.
  2. Profesionalización dunha canle de YouTube, estratexia de imaxe, redes sociais e o que precisas saber. Impartido por Teresa Guerra, Talent Manager de 2btube
  3. Charla dun youtuber que como profesional posúe un canal de YouTube e explicará o seu caso de éxito. Impartido por Sebas G. Mouret, El Coleccionista de Mundos.

 

Entrada gratuíta. Esgotadas as localidades. Para apuntarte á lista de espera envíanos un email a laic@corunadixital.gal.

 

Detalles

Data

O día 19/10/2017 16:00 a 20:00

Información adicional

Sen límite de prazas

Lugar

Accede Papagaio

Rúa do Hospital, 19, baixo.
15001 A Coruña A Coruña

981 184 399 http://www.coruna.gal/papagaio concejalia.empresa@coruna.es