Ateneo Atlántico de Prototipado

Laboratorio aberto de tecnoloxías libres, no que persoas creadoras, investigadoras e artivistas xúntanse nun clima de cooperación e intercambio aberto para compartir coñecementos (educación expandida) e desenvolver proxectos transdisciplinares (prototipado e produción) utilizando tecnoloxías e licencias libres.

Partindo dos grupos tecnolóxicos locais e das institucións tecnolóxicas e educativas da cidade, os ateneos nacen como pontes entre estas e a realidade cotiá dos colectivos e entidades sociais, medioambientais ou culturais do territorio. Búscase polo tanto xerar conexións signicativas, reforzando así o tecido socio-comunitario e o ecosistema da cidade, desenvolvendo prototipos funcionais nun proceso aberto de educación e produción expandida.

Esta acción piloto de formato intensivo estenderase durante dúas semanas no barrio de Montealto, ao ser o contexto máis próximo á Domus, sede do espazo maker na cidade.

geekshabekaA proposta está comisariada pola galega Beka Iglesias, que xa realizou unha experiencia previa e pioneira na cidade con aRtropocode (Normal, 2014). Artivista dixital e coordinadora de laboratorios de arte, ciencia e tecnoloxías libres, Beka ten colaborado con diferentes centros artísticos de produción, universidades e festivais como Medialab-Prado en Madrid, Hangar en Barcelona, Laboral en Gijón, a UAB en Barcelona, a World Haptics Conference en South Korea, Les Ancients Abbattoirs en Casablanca, Tabakalera en San Sebastian, CAA en Guimarães durante a Capitalidade Europea da Cultura, District Berlin, FabLabEDP en Lisboa ou a Fabacademy MITnetwork (Massachusetts Institute of Technology), entre outros.

.

A quen vai dirixida esta actividade?

  • Grupos tecnolóxicos locais, programador*s ou makers, entre outros.
  • Institucións tecnolóxicas e educativas.
  • Colectivos e entidades sociais, medioambientais ou culturais do territorio.

.

O programa da actividade

O Ateneo constará de dúas fases: na primeira desenvolveranse unha serie de talleres, palestras e “choiva de ideas”colaborativas desde o día 7 ata o día 16 en diversos espazos do barrio de Montealto: escolas, asociacións, etc.

A segunda fase é un evento aberto e público do xoves 17 ao domingo 20 de novembro (de 11:00 a 19:00). Xuntarémonos na Sala Maker@Domus para desenvolver en diversas mesas de traballo diferentes prototipos que xiren en torno á ciencia, á tecnoloxía, á creatividade e orientada a satisfacer desexos e necesidades sociocomunitarias do barrio.

.

Como podes participar?

  • Enviando unha proposta de proxecto á CONVOCATORIA ABERTA: Podedes enviar unha breve descrición da vosa proposta e necesidades de material, xunto a algunha imaxe ou ligazón de referencias da vosa idea, ao  mail    ateneo@corunadixital.gal. Indicade tamén se a proposta é colectiva ou individual e que tipo de colaboracións vos gustaría ter. Tamén podedes entrar en contacto para saber máis de que vai o Ateneo, propoñer algunha actividade para a primeira fase distribuída, comentar algunha idea que teñades pero que aínda non se convertera nunha proposta. Facede voso o Ateneo!
  • Todas as persoas que o desexen, aínda que non participen nas mesas de traballo, poderán achegarse ao evento aberto e público na Sala Maker@Domus do xoves 17 ao domingo 20 de novembro (11:00 a 19:00) e coñecer os procesos de prototipado. Para poder asegurar a mellor atención nas visitas, recomendamos que nos escribades a ateneo@corunadixital.gal para concertar previamente unha cita.

Detalles

Data

Dende o 07/11/2016 ata o 20/11/2016 Evento xoves 17nov a domingo 20nov _ 11:00 a 19:00

Contacto

http://ateneo.corunadixital.gal ateneo@corunadixital.gal

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Sala Maker@Domus

Rúa Ángel Rebollo, 91
15002 A Coruña

http://corunadixital.gal/iniciativa/sala-maker-domus/

Empece a escribir e pulse Enter para buscar