Atención tecnolóxica personalizada

A Rede Municipal de Bibliotecas ofrece, dentro do seu programa de actividades encamiñadas á educación dixital da cidadanía, este servizo de atención tecnolóxica personalizada.

Nós destacamos aquí o seu horario na biblioteca do centro Ágora, que é a que en Coruña Dixital temos máis próxima, pero o servizo desenvólvese en todas as bibliotecas municipais da cidade, como podes ver neste cadro.

 

Se tes unha dúbida concreta con algún dispositivo, aplicación ou ferramenta dixital, só tes que achegarte á túa biblioteca nos días e horario que se indican e preguntar: alí haberá unha persoa preparada para axudarte.

 

Detalles

Data

Dende o 03/09/2019 ata o 10/12/2019 16:00-19:00

Contacto

https://corunadixital.gal/iniciativa/bibliotecas-municipais-servizo-atencion-tecnoloxica/

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar