Atención tecnolóxica personalizada

Tes dúbidas á hora de configurar o teu teléfono móbil, tableta, libro electrónico ou portátil? Necesitas axuda con algunha ferramenta tecnolóxica ou plataforma? Todos os martes, na Biblioteca do centro Ágora tes un servizo de atención tecnolóxica personalizada para resolver todas as túas dúbidas e aprender a manexar os dispositivos ou aplicacións que agora se che fan un pouco difíciles.

Como funciona o servizo? Moi sinxelo: achégate á biblioteca e fala coa persoa experta que atoparás nela. Se non pudiera resolver as túas dúbidas de maneira inmediata, darache unha segunda cita para facelo.

En Coruña Dixital contámosche que podes acceder a este servizo municipal no centro Ágora todos os martes de 16h a 19h, porque é onde estamos nós pero, se ti estás noutro lugar da cidade, debes saber que, noutros días e con outro horario, podes atopar este mesmo servizo en todas as bibliotecas da rede municipal. Consulta aquí o seu calendario completo!

E non deixes de aprender e gañar autonomía no manexo da tecnoloxía 😉

Detalles

Data

O día 19/03/2019 16h-19h

Contacto

http://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/usa-as-bibliotecas/as-bibliotecas-ofrecenche/atencion-tecnoloxica-personalizada

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar