Adicae: Consumidores e transformación tecnolóxica dos servizos financieros

A asociación Adicae organiza unha serie de obradoiros no marco do fintech, é dicir, as novas tecnoloxías aplicadas ás finanzas, en diferentes espazos da cidade.

Os talleres teñen como obxectivo informar das ferramentas e plataformas que están ao dispor de tod@s @s usuari@s no ámbito das operacións bancarias.

Este, concretamente, desenvolverase no centro cívico Os Rosales. Trátase dunha xornada gratuíta, pero recoméndase, por cuestións de organización, formalizar a inscrición en galicia@adicae.net.

Detalles

Data

O día 21/10/2019 16:00-18:00

Contacto

https://www.adicae.net/

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Centro cívico Os Rosales

Praza Elíptica, 1
15011 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar