A Coruña rebelde: Arquivatón

No Día Internacional do Patrimonio Audiovisual celebramos esta xornada intensiva para a recompilación e creación dun repositorio de arquivos multimedia en aberto baixo o lema "A Coruña rebelde". O reto concreto sería chegar a dixitalizar e publicar 50 elementos en Archive.org para conseguir crear unha colección con este tema.

Venres:

Taller: Como catalogar o material para facer un repositorio aberto e comunitario. Como dixitalizar materiais multimedia en formatos abertos.

Sábado:

  • Recollida de material doméstico: Dixitalización, cesión de dereitos, catalogación.
  • Busca de materiais nos arquivos públicos da Coruña e xestión para a cesión e catalogación na colección "A Coruña rebelde"

Dirixido a todas aquelas persoas interesadas na documentación, a memoria histórica, a historia da Coruña, os arquivos domésticos e o patrimonio audiovisual.

25 prazas dispoñibles. Actividade gratuíta.

Formulario de inscrición.

Se tes material multimedia (fotos, vídeos, audios, carteis, etc) que queiras ceder ao repositorio para publicar en aberto, escríbenos a laic@corunadixital.gal. 

Detalles

Data

Dende o 27/10/2017 ata o 28/10/2017 O venres de 16:00 a 20:00. O sábado de 10:00 a 14:00

Etiquetas

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Quiosco Alfonso

Xardíns de Méndez Núñez, 3, baixo
15006 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar