24ª Noite Galega das Telecomunicacións

A Noite Galega das Telecomunicacións é a gran cita anual do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG). O evento  servirá un ano máis para acubillar a entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, relevantes recoñecementos aos esforzos de empresas, profesionais e entidades a prol do progreso tecnolóxico de Galicia.

Esta edición do que tamén é un dos grandes eventos galegos de networking tecnolóxico xirará en torno á tecnoloxía 5G. Tedes máis información na reportaxe de Código Cero que podedes ler desde aquí.

Detalles

Data

O día 24/05/2019 20:00

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Finca Montesqueiro

Rúa dos Xardíns, 2
15172 Oleiros A Coruña