Hai uns días falabámosvos das liñas xerais da nova tempada de Coruña Dixital e convidabámosvos a participar nas actividades relacionadas coa tecnoloxía e a cultura dixital que se desenvolven na cidade e das que, de maneira regular, compartimos información.

Pero esa información, que ata o de agora recibides a través do noso boletín informativo, esta web e as nosas redes sociais, terá a partir de agora unha nova canle de comunicación: o podcast.

Este formato sonoro está a ser cada vez máis empregado en distintos ámbitos e iso fai que teñamos a posibilidade de escoitar desde elaborados produtos de ficción sonora e informativos ata o que teñen que contarnos diversos colectivos e asociacións.

No podcast de Coruña Dixital teredes de maneira regular información do #LAIC e outras propostas de Coruña Dixital, pero ademais poderedes coñecer en primeira persoa a moitos dos colectivos que desenvolven as súas actividades na cidade.

Producido por Jorge Lama, podedes atopalo e subscribirvos en ArchiveIvooxSpotify.

 

E aquí vos deixamos xa o noso primeiro programa. Agardamos que vos guste!  😉

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar