Hai uns días puxemos en común na xornada Demo de #LAIC todas as experiencias e proxectos que se xeraron en torno a esta edición do #LAIC. O Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación ofreceu nesta ocasión a posibilidade de experimentar en tres ámbitos concretas: realidade aumentadavídeo mapping e narrativas populares contemporáneas.

O interese do #LAIC na realidade aumentada non é novo. No 2017, as persoas que participaron no arquivatón A Coruña rebelde  xa tiveron ocasión de experimentar coas posibilidades da AR, naquela ocasión sobre o arquivo histórico local. Dous anos despois, decidiuse apostar por unha liña de traballo específica neste ámbito coa creación do grupo de realidade aumentada, que se puxo en marcha coa charla sobre as posibilidades de realidade virtual, aumentada e mixta a cargo da especialista Verónica A. Rodríguez , trala que comezou o traballo práctico, coordinado pola enxeñeira informática Aida Vidal.

 

Colle o móbil, descarga a nosa APP e experimenta!

 

O traballo do grupo de realidade aumentada baseouse na aprendizaxe colectiva e nunha dinámica na que todas as persoas puidesen aportar, aprender e construír. Dese proceso horizontal facilitado por Aida Vidal naceron tres prototipos que se puideron probar na xornada Demo de #LAIC e coa que ti agora tamén podes experimentar.

O primeiro que debes facer é descargar no teléfono a aplicación (só está dispoñible para Android)  en http://corunadixital.gal/laic19ar/. Mentres instalas a APP, contámosche que vas a atopar nela:

 

SinalAR: Trátase dun xogo que reinterpreta a sinaléctica dos espazos. Nós probámolo cos carteis do centro Ágora, pero podes probar que pasa nas sinais doutros lugares ou, se non che apetece saír da casa, sobre estas imaxes:

 

 

Biblioteca Paralela: Este prototipo deseñouse para facer valoracións sobre os libros da biblioteca. A idea é que sirva para que lector*s compartan opinións sobre as súas lecturas dunha maneira dinámica e sinxela. Tes xa a aplicación instalada? Pon o teléfono sobre esta imaxe e mira como sería!

 

 

Mulleres AR: Esta proposta quixo visibilizar ás mulleres creadoras dun xeito divertido e creativo, partindo dunha figura baleira que, pouco a pouco, vaise “vestindo” con diferentes elementos.

 

 

Ademais, na APP  tes unha cuarta opción, que son os contidos de “A Coruña Rebelde”, o arquivatón co que, como  comentabamos antes, comezou o interese do #LAIC na realidade aumentada:

 

 

Como ves, na xornada Demo de #LAIC probamos todas as propostas! 😉

 

 

Se tes interese en inspirarte, aprender e experimentar coa realidade aumentada e non puideches participar nesta ocasión no #LAIC, non te preocupes: para estar ao tanto de futuras propostas, podes subscribirte ao noso boletín, pero tamén participar no grupo do #LAIC no Facebook ou participar no seu Slack.

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar