O espazo educativo coruñés conta cun diversa oferta de obradoiros tecnolóxicos para xullo e agosto. As actividades inclúen: combate de robots sumo, crear a túa propia videoconsola portátil, aprender a programar con Minecraft, robótica con Lego Mindstorms, crear xogos, animacións e proxectos artísticos con Scratch ou aprender a desenvolver videoxogos con Python.

.

codemonsters-veran

Code Monsters é un lugar onde nenos, novos e adultos aprenden programación, robótica e informática e descobren a tecnoloxía dunha maneira auténtica e divertida. Dispoñen dun céntrico local na Rúa Maxistrado Manuel Artime, equipado con todos os medios necesarios para que aprendan, xoguen, cren e colaboren en diversos proxectos.

Con respecto ao curso 2016-17, as principais novidades son a incorporación dunha nova actividade dirixida aos máis pequenos (PRE1, de 5 a 7 anos), outra con contidos máis avanzados para os mozos que xa teñen experiencia con linguaxes de programación visuais (PRE3), revisaron tamén o curso de Scratch para incluír nel actividades que fagan uso doutras ferramentas (PRE2) e como xa viñan adiantando inclúen Lego Mindstorms en formato curso.

Tedes toda a información ampliada no seu sitio web: codemonsters.es/blog/actividades-2016-2017

Entradas recomendadas