O grupo de vídeo mapping do #LAIC comezou febreiro desenvolvendo as súas sesións prácticas e, por tanto, experimentando de xeito activo con esta técnicaTras unha primeira sesión panorámica, en xaneiro, sobre que é o o que se pode facer co vídeo mapping, o grupo, formado por unha trintena de persoas e coordinado por Pablo Ferrer, celebrou a súa segunda sesión no centro Ágora, cunha xornada intensiva na que xa puidemos ver o resultado das primeiras horas de práctica.

A idea coa que se traballa no grupo é a de aprender en equipo en base a pequenos proxectos colectivos, que seguirán a desenvolverse nas vindeiras sesións, programadas para o 23 de febreiro e o 16 de marzo porque, o feito ata o de agora, obviamente, é só o comezo. Aínda que ten moi boa pinta! 😉

 

 

Estamos desexando xa ver o resultado final desta interesante experiencia!

Mentres tanto, se queres lembrar a primeira sesión panorámica de vídeo mapping impartida por Pablo Ferrer, aquí tes a gravación da xornada

 

De todo o que fagan as persoas que participan no grupo teredes boa conta, como vén sendo habitual en todas as actividades, a través das nosas redes sociais, ás que este ano engadimos Instagram. Non perdades o fío do #LAIC e, sobre todo, do que aprenden e fan as persoas que están a experimentar coa cultura dixital!

 

 

 

Entradas recentes