Tras a defensa dos 10 proxectos finalistas no VI Encontro InspiraTICs do pasado 26 de maio o xurado ven de resolver os 3 premiados, entre os que se atopa “Xogamos aos oficios con Minecrat”, do CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo)Tamén recibiu un accésit “PALE”, presentado polo Centro Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús.

Proyecta é unha iniciativa educativa da Fundación Amancio Ortega e da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. A terceira edición do concurso “Proyecta Innovación” ten o obxectivo de identificar e facer realidade proxectos educativos que impulsen a innovación a través do uso das TIC en centros escolares galegos.

Pódese participar neste concurso se es profesor de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, bacharelato ou formación profesional de calquera centro escolar de Galicia. A participación pode ser individual ou nun grupo de profesores, así como incluír aos alumnos no deseño e a execución dos proxectos.

Entradas recomendadas

Empece a escribir e pulse Enter para buscar