Organizado dende a Aula de Formación Informática da Universidade da Coruña celébrase do 20 ao 24 de xuño.

O curso propón unha introdución á programación de robots autónomos. Para iso utilizaranse os kits robóticos para educación LEGO MINDSTORMS EV3, xunto co software propio de LEGO. Con este kit pódense configurar diferentes tipos de robots con diferentes sensores e mecanismos, tales como rodas, patas, etc. Ademais o software que se utilizará está baseado nunha linguaxe de programación visual gráfica, que permite desenvolver programas de maneira sinxela, cun período reducido de aprendizaxe. Ao longo do curso utilizaranse de forma práctica a maioría das funcionalidades que incorpora o software, realizando diversos controladores que permitirán que o robot siga liñas, luces, obxectos de cores, etc; de forma totalmente autónoma.

Entradas recomendadas

Empece a escribir e pulse Enter para buscar