Do 14 ao 17 de outubro A Coruña acolle, xunto coas cidades de Vigo e Santiago, o foro Cybersec@Gal, organizado pola Cátedra R en Ciberseguridade, que se desenvolve en colaboración coas universidades de A Coruña e Vigo, e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG).

Este encontro será o primeiro en Galicia centrado na seguridade na empresa dixital e consiste en catro xornadas de obradoiros, ciber-desafíos e charlas, nas que se falará de solucións, normativas, desafíos e ameazas para a seguridade na contorna dixital.

Este foro está dirixido a estudantes e recentemente licenciados, pero tamén a empresas, da man de expertos a nivel estatal e internacional que achegarán os seus coñecementos e experiencia en verios ámbitos da seguridade TIC.

Na facultade de Informática da Coruña desenvolveranse concretamente dous obradoiros: de introdución á auditoría de dispositivos IoT e IIoT mediante Shodan e un segundo taller de análise de vulnerabilidades en entornos Windows e Linux.

Ademais, na sesión de peche deste foro entregaranse seis premios académicos, concretamente a traballos de fin de grao, de mestrado e tese doutoral en ciberseguridade.

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar