A primeira semana do Ateneo Atlántico de Prototipado discorreu cunha serie de conversas e choivas de ideas con diferentes colectivos e axentes do barrio de Montealto.

A coordinadora, Beka Iglesias, estivo co alumnado de 6º de primaria e a ANPA do CEIP Víctor López Seoane, a Avv Atochas Monte Alto, igual que co Grupo Naturalista Hábitat, as xentes do Mercado Municipal de Montealto, coa ASCEGA (Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia), con xente de Esferobite e, por suposto, cos colectivos Grupo de Programadores e Usuarios de Linux – GPUL e BricoLabs.

.

Compartimos neste enlace un resumo fotográfico destes primeiros días de Ateneo:
Entradas recomendadas