O Concello da Coruña pon en marcha A Coruña Educa, unha ampla oferta de propostas para a comunidade educativa que promove a Concellería de Educación e Cultura en colaboración con outras áreas municipais e entidades e no que tamén teñen cabida as competencias dixitais.

Neste ámbito, podemos destacar estes cursos, nos que se poden anotar os centros interesados ata o vindeiro 4 de outubro:

 

Máis coñecemento tecnolóxico neste curso 2019-20

Pero estes obradoiros, na súa meirande parte organizados en colaboración co departamento municipal de Servizos Sociais, non son as únicas propostas municipais para a comunidade educativa da cidade.

Unha vez comezado o 2020 desenvolveranse os concursos de robótica IGACIENCIA. Xa en maio, terá lugar o tradicional Día da Ciencia na Rúa, na que nestes días xa se están inscribindo os centros escolares. Ademais, o Festival CinEOI Coruña Curtas 2020, prevé varias actividades relacionadas cunha aproximación ao audiovisual.

 

Se formades parte da comunidade educativa ou tedes interese en coñecer a actividade área municipal de Educación e Cultura podedes visitar a súa web, á que podedes acceder desde aquí. Nela atoparedes acceso ás súas redes sociais e a posibilidade de inscribirvos no seu boletín informativo.

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar