As redes sociais están a consolidarse como un medio idóneo para a divulgación: cunha linguaxe próxima, recursos visuais  -que van desde o vídeo ou a imaxe ilustrativa ata os gifs e memes- e abertas á interactuación, son a ferramenta empregada por persoas vinculadas ao mundo da arte, da literatura ou da ciencia para difundir os seus coñecementos, proxectos e investigacións.

Dentro da ampla oferta de coñecemento á que podemos acceder a través das redes, hoxe detémonos nas que combinan divulgación científica e idioma, como é o caso de iniciativas como GCiencia ou Moléculas en Galego. Nesta mesma liña veñen de traballar Museos Científicos Coruñeses e a revista dixital  Vinte, que dirixe María Yáñez, cunha colaboración consistente na difusión  de seis pezas de vídeo e texto sobre ciencia ambiental de proximidade, elaboradas polo laboratorio audiovisual dos museos.

A boa acollida nas redes desta proposta divulgativa indican, segundo explican desde Vinte, que “a xente quere ciencia en galego, contada dun xeito diferente”.

E aquí a tedes!

Contaminación luminosa. Cando o problema vai moito máis alá de non poder ver as estrelas.
Mar de plástico. O material que emporca os océanos e tamén a túa praia.
Micromascotas. Gustaríache adoptar unha bacteria?
Puro Swing. Do péndulo ao botafumeiro nesta exposición da Casa das Ciencias
Focas. As habitantes máis queridas do Aquarium Finisterrae
Cabaliño de mar. O nacemento dun animal fascinante

 

Non esquezades que podedes ampliar todo este material científico visitando a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquiarium Finisterrae. 😉

Toda a información que precisades sobre os Museos Científicos Coruñeses está na súa web, á que podedes acceder desde aquí.

Entradas recentes