A primeira quincena de maio comeza na Coruña cunha ampla oferta de actividades da que vos damos conta por orde cronolóxica:

 

  • Xoves 3 de maio: O mes arranca cunha reunión da comunidade Coruña Agile en HUB Escuela (19h-21h30) para continuar cunha nova kata, a Roman Numerals. Ao comezo do encontro realizarán unha introdución á Transformation Priority Premise (TPP) e un recordatorio sobre Test-Driven Development (TDD), para que isto non vos free se queredes incorporarvos por primeira vez a estes encontros. Hai un meetup habilitado para inscricións ao que podedes acceder desde aquí.

 

  • Sábado 5 de maio: Celébrase no centro Ágora (10h-20h) unha nova sesión de Coruña Hacks. Nestes hackatóns regulares, que se desenvolven desde o pasado 3 de marzo, estanse a desenvolver varios proxectos de aplicacións baseadas no software libre. Para saber máis e inscribirse, xa que se traballa en equipos abertos a novas incorporacións e ideas, podedes acceder desde aquí ao seu meetupCoruña Hacks, promovida por GPUL, Coruña Developers, Árticos e GDG Coruña, conta co apoio do Concello da Coruña a través de Coruña Dixital e do Laboratorio Cidadán Co-Lab, da Área de Participación e Innovación Democrática.

 

  • Mércores 9 de maio: Para esta tarde está prevista unha nova sesión de GPUL Labs, que terá lugar no espazo Accede Papagaio (19h-22h), dependente da área de Emprego e Economía Social. Nesta ocasión o tema será “Montando unha toolchain de Perl con Ansible e GNU stow”. Para máis información, e para formalizar a inscrición, hai xa operativo un meetup ao que podedes acceder desde aquí. Con respecto a GPUL-Labs, anotade outra cita para o vindeiro 24 de maio, de iniciación a Flutter.

 

  • Xoves 10 de maio: Informáticos Anónimos celebra unha xuntanza na sede de Mogben (19:30-21:30) co obxectivo de xerar un espazo de coñecemento mutuo: quen somos, como traballamos… Aínda que o nome da organización fai referencia ao colectivo d@s informátic@s, a xornada está aberta a todas as persoas que pertencen á industria do software. Aquí tedes o seu meetup para información e inscricións.

 

  • Venres 11 de maio: A comunidade técnica CoruñaJUG organiza unha xornada que se desenvolverá no espazo Accede Papagaio  (16:30-18:30) que contará coa participación de Simon Rittler, un Java Champion referente a nivel mundial, sobre “Technical Deep Dive into Java from Azul”. Hai un meetup habilitado para este evento, ao que podedes acceder desde aquí. Tamén podedes seguir esta convocatoria en Twitter e Linkedin.

 

 

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar