Se ti ou alguén do teu entorno precisades iniciarvos no mundo da informática e a tecnoloxía, debedes saber que hai moitas actividades pesadas xustamente para iso e que, ademais, están ao alcance da vosa man: por exemplo, a rede municipal de bibliotecas desenvolve moitas delas e nós publicámolas na nosa axenda, á que podedes acceder desde aquí.

Son as citas que aparecen reseñadas como “comezando na tecnoloxía” e que, en liñas xerais, consisten nunha serie de actividades enfocadas á alfabetización e inclusión dixital: manexo de Internet e correo electrónico, achegamento á informática, procesador de textos, configuración do teléfono móbil, resolución de dúbidas, etc…

Estes cursos están especialmente pensados para todas esas persoas que non teñen coñecementos de informática ou Internet pero si moitas ganas de aprender a desenvolverse no mundo dixital (comunicación, correo, emprego, participación cidadá, compras, trámites administrativos…) cos dispositivos actuais: ordenador, móbil, libro electrónico ou tableta. E tamén para moz*s, pais e nais, maiores ou en xeral calquera persoa preocupada por un uso responsable, seguro e ético das distintas ferramentas e plataformas dixitais.

Na nosa axenda difundimos os cursos que desenvolve a nosa biblioteca veciña, que é a de Ágora, pero a rede municipal de bibliotecas ofrece cursos variadosatención tecnolóxica personalizada de xeito gratuíto  en todos os seus centros.

 

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar