A cidade acolle esta semana a décimo octava edición de Mundos Digitales, o evento adicado ao mundo da animación, os efectos visuais e aos novos media. A cita reúne a algúns dos mellores profesionais da industria dos contidos dixitais, así como a artistas, estudantes do sector e persoas interesadas nestes ámbitos co obxectivo de descubrir, debatir e xerar un punto de encontro común. No programa deste congreso internacional, que se desenvolve entre os días 11 e 13 de xullo, hai, entre outras propostas, palestras de profesionais, feira de emprego ou a iniciativa Cofee with…, que permite aos participantes conversar directamente con profesionais do sector.

Actividades abertas para todos os públicos

As entradas para Mundos Digitales están á venda na súa web, pero o congreso tamén contempla actividades gratuítas, como é o caso do obradoiro de animación 3D e efectos visuais, indicado para maiores de 14 anos, que se desenvolve un día antes de que comece a programación xeral do evento en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñeria Informática de Galicia (CPEIG).

A segunda actividade aberta do congreso é unha sesión especial adicada aos efectos visuais de Xogo de Tronos, que se desenvolverá na xornada de peche coa produtora El Ranchito como protagonista. Os gañadores dun Emmy aos mellores efectos visuais polo episodio Máis alá do Muro compartirán as claves do seu traballo de animación de personaxes e creación dixital de ambientes e localizacións.

As dúas actividades son de balde, pero é preciso inscribirse previamente. Tedes a información precisa para facelo na axenda da nosa web.

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar